miércoles, 22 de julio de 2009

Y el nuevo decano será... ¡¡¡Soto!!!

Luís García Soto tomou posesión como decano de Filosofía

• Actualizada o Mércores, 22 de xullo de 2009 ás 14:29

O profesor Luís García Soto tomou posesión este mércores como decano de Filosofía, logo de ser reelixido o pasado mes de maio nas eleccións celebradas na Facultade. Acompáñanlle nestes catro anos no equipo decanal os profesores Alejandro Sobrino como vicedecano e Luis Camarero como secretario.

No acto protocolario, o decano da facultade lle manifestou ao reitor a súa preocupación polo que “a medio prazo” pode influír “moi negativamente sobre a afluencia de estudantes”, isto é, o acceso dos graduados en Filosofía ao máster de Formación do Profesorado de Ensino Secundario. “Por iso –aclarou- témonos pronunciado contra a limitación de prazas”, que de levarse a cabo “significaría deixar á Filosofía sen saídas”. Como solución formulou a posibilidade de que o máster se curse “unha vez aprobada a oposición ou opcionalmente, antes ou despois de aprobada esta”.

A Facultade de Filosofía da Universidade compostelá conta xa cun grao verificado, un máster interuniversitario en funcionamento e outro listo para comezar no vindeiro curso, o que dá mostra, segundo expresou o reitor, da “liña activa e emprendedora” deste centro, “máis necesario que nunca no tempo actual de profundas transformacións en todos os ámbitos da vida”.

García Soto
Luís García Soto é profesor titular de Filosofía Moral desde 1989. Entre as súas publicacións destacan a tradución con Tareixa Roca da Nova enciclopedia de bioética; Paz, guerra y violencia (Espiral Maior, 2006); O espírito da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios (Espiral Maior, 2008); o estudo introdutorio “Del Eume” e a tradución con Tareixa Roca e César Antonio Molina do libro de César Antonio Molina Eume (edición bilingüe) (Pre-textos, 2008).

Fuente: http://www.usc.es/gl/xornal/nova.action?id=110777

2 comentarios:

Manoel dijo...

¿Que El Decano será decano?!

Alcanforismo dijo...

No será porque la votación no estuvo bien reñida.

Tensión hasta el último minuto, sobre todo con cierto monaguillo.

Un beso chicas.