E foron pasando os días dende que aqueles pequenos proxectos de filósofos chegaran a Mazarelos, até que de repente se lles botou enriba o remate do cuadrimestre aos nosos heroes e heroínas. Como soe acontecer, as cousas non terminan igual que empezan, e atrás quedaron horas de ledicia e risas: as notas apareceron impresas nun fatal papel que estaba asinado pola morte. As cualificacións non resultaron as agardadas... Despois de esforzos sobrehumáns, que forxaron a lenda destes magníficos seres, chegou a hora da decadencia e de disolución das esperazas albergadas polos nosos superheroes e superheroínas. En resumidas contas, o resultado foi o seguinte:
1.- Luís: este ser, capaz de escribir verso e prosa que arrinca as máis grandes carcaxadas nos indefensos contrincantes que se expoñen a el, non gozou da mesma sorte no exame de moral... Despois de caer na trampa de non estudar o único tema que caeu no primeiro exame parcial de moral, optou por matarse a estudar para o segundo, de feito fixoo, pero equivocouse e deixou sen estudar de novo o único tema que caeu no exame... Soáballe que un non había que estudalo... mágoa que fose o último non o primeiro!
2.- Sara: capaz de escribir caeé cando os demáis queremos escribir café, habilidade nada desprezable cando o que se quere é mandar mensaxes cifradas e indescriptibles. Suspendeu hermenéutica por escribir de forma cifrada o nome de Schleiermacher, claro, Agís non o entendeu..., aínda que eu creo que aparte diso foi unha vinganza por roubarlle o protagonismo á hora de falar das parábolas... Pero seguro que non, porque Agís "te ama"...
3.- Ana J.: a súa habilidade é... ehm... si! imaxinastes ben! afiar coitelos como ninguén, o seu lema é "máis vale por se acaso...". Tras case aprobar moral cunha lección in estremis, por parte de alguén que agora non ven a conto, decidíu estudar todo para non xogala, de feito aprobou moral! pero suspendeu lóxica... lóxico! Conchi non quere que lle fagan competencia...
4.- SergioOutesUno: a súa habilidade é que ninguén lle de descuberto a súa habilidade! É broma, a súa habilidade é matematizar a realidade, de feito foi o único que levou de nota final en lóxica un 10-. Noraboa! Por outra banda, suspendeu Hª da Fª Antiga, Martiño non soportaba as súas constantes intervencións...
5.- serGIODOs: a habilidade pola que destaca este persoeiro é a de escribir nun alfabeto indescifrable para o profesor de moral, non queda que dicir a súa grande compatibilidade no equipo con sara...: unha dicta e o outro escribe! Foi a única matrícula en moral, a pesares de non entender a letra o decano, supoño que sería polos debates, noraboa! Pero, tamen suspendeu lóxica, creo que Conchi se vingou por un non sei que dos folios ou algo así...
6.- Manoel: habilidade: debuxar astronautas con barras enerxéticas na lúa. Tras aprobar todo con bo expediente, chegou a hora de antropoloxía e... ZAS!: "se le jodió el relé al profesor y no apruebas por que no me sale de los cojones" Marcial Gondar2oo9. Unha mágoa! En fin...
7.- Omar: destaca por tocar o piano e por non destacar nas clases, xa que apenas se entera un de que está nelas. Mestre da invisibilidade! O deste rapaz está claro! Deixou hermenéutica, "eso es como si lees el ... y ...!" Unha mágoa tamén.
8.- Facundo: destaca por ter acento uruguayo confundible con acento arxentino... O único que suspendeu foi Hª da Fª Antiga por comentar que o Timeo era unha merda, non pasaría nada se non fose porque o profesor pensou que era arxentino, e xa se sabe a manía que lles teñen moitas persoas aos arxentinos...
9.- David San Juan: destaca por pretender non destacar, cousa difícil cando es un representante de facultade. Noraboa! Por outra banda, o éxito político non foi ligado co académico, e menuda ironía, suspendeu Platón! Martiño non lle deixou facer a recuperación por entrar un día cun café a clase e suspendeuno!
10.- Sheila: a súa habilidade é ter un gato, pasatempo para os seres do grupo. Ah! Tamén canta, pero coida mellor do gato e é por iso polo que destaca. Suspendeu lóxica, porque segundo ela comeulle os apuntamentos o gato e... Conchi non a creeu, pero eu vino que estaba alí, dende aquela Nich non volveu ser o mesmo...
11.- Quique: a habilidade deste ser é a de procesar a velocidade limitada as súas afliccións frente a posibles bromas gastadas polos seus e súas compañeir@s. Matrícula de honra en hermenéutica, suspendeu Hª das relixións porque os anos non perdoan e Queiruga se equivocou poñendolle a nota doutro alumno que só lle falou de Zaratustra e de Nietzsche no exame... Unha mágoa, xa que se truncou a súa carreira cara o decanato!
12.- Xacobe: a súa habilidade é a de desquiciar a calquer persoa falandolle de Nietzsche e de ateísmo. Milagrosamente aprobou Hª das relixións, xa que so lle falara de Nietzsche e de Zaratustra no exame! Ao final vai ser certo que hai algo máis alá! E sacou matrícula de honra en Hª da Fª Antiga, caíalle ben a Martiño... Está claro que suspendeu hermenéutica! Os chistes sobre Agís ben o merecian... Só se lle ocorre convidar a Marcelino a tomar uns Agisanitos mentres vían a pelicula OctOPUSy para facer as paces ...
Tras ver só esta pequena parte dos resultados, os integrantes do Equipo p -> q de Mazarelos, congregáronse na súa praza secreta, ao lado da Facultade de historia, para xogar unha partida de ruleta rusa, xa que só lles quedaba unha bala e ningún quería volver á casa con semellantes resultados...
*perdon a todas as persoas que quedan fóra da lista!
6 comentarios:
Xacobe, es un XEFE!!!
e sí, está claro que o de CAEÉ é un DON INNATO QUE TEÑO. xD
anad que non nos deixaches fino snin nada.
Por favor, máis capitulos axiña!!!
e mañá a suspender todo o mundo loxica e pola noite a troulear!!
xD
ñañañañañaña
Tí tamén merecerías un 10- polo texto (o mellor, Agis dacho se o invitas a ver a película), a verdade que non puiden parar de rir mentres o seguía lendo. Unha gran forma para rirse dun mesmo.
La verdad es que lo de hacer una ruleta rusa no es mala idea...
maldita moral.
Jaja.
No sabia si reirme o llorar. Estoy MUY aflijido y no soy capaz de pillar el chiste...
Ho cielos... Que rapido me han calado...
Yo creo que sería mucho más efectivo que os matase a todos con un hacha y utilizar la última bala para suicidarme. Foucault estaría orgulloso de la correlación objeto-cuerpo y del empleo del tiempo, de más ya no, que el 3.5 me impidió convertirme en una verdadera máquina de matar...
Foucault apesta
¬¬
que le corten la cabeza!!!!
Publicar un comentario