miércoles, 19 de noviembre de 2008

AVISO

Mañá as cinco da tarde haberá reunión da Asociación Cultural de Estudantes da Facultade de Filosofía. Todos aqueles alumnos de Filosofía están convidados a asistir, aportar ideas ou suxerenzas. Será no local de alumnos que, se mal non recordo é no segundo piso.


Onte, Sheila e máis eu mandamos as invitacións para que todos poidamos administralo blog, só puidemos enviar aquelas invitacións dos que tiñamos correo electrónico. Por favor, os que queirades participare non reciberades invitación ningunha, facilitarnos os vosos correos e así volas poderemos enviar.


Un compañeiro plantexou a seguinte cuestión. É obvio que un blog ten as súas limitacións e podería resultar máis práctico a construcción dun foro. Todo é cuestión de falármolo entre todos e acadar unha decisión. A min parecerame ben calquera para que todos poidamos participar con maior facilidade e mellores medios.

Unha última cousiña. Mañá, na reunión da Asociación Cultural, é o momento idóneo pra plantexar proxectos nos que invertir os cartos cos que contamos como asociación. Por favor, levade as vosas propostas (revista, grupo de teatro, equipo de baloncesto, mesa de futbolín, xD)


Moitas grazas.


n_n

No hay comentarios: